Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Xornadas de Música Tradicional en Balboa (O Bierzo)

Xornadas de Música Tradicional en Balboa (O Bierzo)

Cursos

Entre os días 20, 21 e 22 de maio de 2011 celebraranse na localidade de BALBOA as III Xornadas de Música Tradicional, que como en anos anteriores están dirixidas a ofrecer diferentes cursos especializados nalgún campo da música e as demais artes folklóricas e tradicionais.

Nesta 3ª edición impartiranse:

Taller de gaita galega con Daniel Bellón.
Taller de baile tradicional con Montse Rivera.
Taller de técnica vocal e pandereita con Fco. Javier Feijoo "Chisco".
Taller de Rabel con Xuacu Amieva.

Existe límite de prazas para cada curso e adecuados baixo dous niveis de aprendizaxe.
Nivel 1: Básico-intermedio.
Nivel 2: Intermedio-perfeccionamento

ACTIVIDADES PARA Os DÍAS 20, 21 E 22 DE MAIO.

Durante as III Xornadas actuarán os grupos: No Combarro, Banda de Gaitas Castro Bergidum, Pesdelán (presentando o novo proxecto "Na punta do pé") e a Banda de Gaitas Abelladeira, ademais de ter o escenario aberto para todos os que queiran participar.

Máis información:
http://jornadasmusicatradicional.blogspot.com/