Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / Programa pechado para as III Xornadas de Baile Tradicional

Programa pechado para as III Xornadas de Baile Tradicional

AGG

Xa temos o programa final da III edición das Xornadas de Baile que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos o vindeiro sábado 9 no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Santiago de Compostela).

PROGRAMA

MAÑÁ

10:15 h - Recepción dos participantes e presentación das Xornadas.

10.30 h –1º OBRADOIRO: Luis Prego – “Improvisación de puntos da zona sur da provincia de Pontevedra”.

12:00 h - 2º OBRADOIRO: Manuel Cobas – “ Técnicas de improvisación para xota”

TARDE

16:00 h - 3º OBRADOIRO: Francisco J. Feijoo, “ Chisco”- “ Técnicas de improvisación para muiñeiras”

17:30 h – Presentación do traballo “Na punta do pé “ de Pesdelán

18:00 h - 4º OBRADOIRO: Xabier Iglesias – Bailes agarrados.

19:30 h - PECHE DAS XORNADAS.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

Para asistir a estas xornadas, é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 8 de Abril a través dos teléfonos 986 847074 / 982 229966 ou a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  

 

A inscrición é gratuita para socios da AGG e ten un custo de 10 € para os non asociados. 

Forma de pago para non socios: Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no número de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto Xornadas de baile tradicional  9 de abril 2011 e o nome completo da persoa.
Organiza: Asociación de Gaiteiros Galegos

Patrocina : Concello de Santiago e Deputación da Coruña.