Antón Corral recicibirá o Premio Recuncho da Palleta
Xoves, 31 Marzo 2011 08:09
O vindeiro sábado 2 de abril terá lugar o acto de entrega do premio Recuncho da Palleta que concede anualmente o equipo do programa Lume na Palleira (Radio Galega).
Con este premio pretenden recoñecer o traballo de distintas persoas e institucións no estudo, defensa e difusión da nosa música tradicional.
Nesta edición o galardoado será Antón Corral, en recoñecemento a súa extensa andaina como gaiteiro, mestre de gaiteiros e artesán.
O acto será retransmitido en directo pola Radio Galega Música