Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / III Xornadas de Baile Tradicional

III Xornadas de Baile Tradicional

AGG

Un ano máis e logo do éxito acadado nas anteriores edicións, a Asociación de Gaiteiros Galegos presenta as III Xornadas de Baile Tradicional, xornadas que naceron fai dous anos coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

Serán o vindeiro sábado 9 de Abril no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Rúa Virxe de Fátima s/n Compostela)

(Prema no título para ver a nova ao completo)

As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas en primeiro termo para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición.

Nesta ocasión contaremos cos seguintes obradoiros:

- “Improvisación de puntos da zona sur da provincia de Pontevedra”.

- “ Técnicas de improvisación para xota” 

- “ Técnicas de improvisación para muiñeiras”-

- Bailes Agarrados

Proximamente informarémosvos sobre o programa.

 

Para asistir a estas xornadas, é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 8 de Abril a través dos teléfonos 986 847074 / 982 229966 ou a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 A inscrición é gratuita para socios da AGG e ten un custo de 10 € para os non asociados.