Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Monográfico "Postura corporal e baile tradicional"

Monográfico "Postura corporal e baile tradicional"

Cursos

O Vindeiro Sábado 26 de Marzo teremos no noso local un obradoiro monográfico adicado ao Baile Tradicional e a Postura Corporal. NON é de Iniciación, polo que se precisa unha certa bagaxe bailadora.

Será impartido por Sonia Nóvoa quen leva impartido clases de Danza en múltiples escolas de Galicia e incluso no estranxeiro. Forma parte do Grupo Castro-Floxo co que leva percorrido infinidade de escearios de todo o mundo. Ademáis, foi coñecida por ter sido xurado do Concurso "Vai de Baile" do Programa Luar.

É un obradoiro aberto e gratuíto con límite de prazas, existindo prioridade para os socios de Rebulir. Para anotarse ou solicitar información contactar con nós no teléfono 639 908 005 ou ben en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Informamos tamén que proximamente presentaremos o cartaz e programa da que será a V Noite de Fiadeiro, que se desenvolverá como sempre o derradeiro Sábado de Abril, este ano día 30. Para seguir máis polo miúdo as informacións desta festa podedes consultar a páxina web habilitada www.noitedefiadeiro.com.

Email. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.rebulir.blogspot.com
www.noitedefiadeiro.com