Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Deput. Pontevedra / Rematou o prazo para presentar proxectos á Deputación de Pontevedra

Rematou o prazo para presentar proxectos á Deputación de Pontevedra

Deput. Pontevedra

Con data de 11 de xaneiro de 2006 rematou o prazo para a presentación de proxectos para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a elaboración dun proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra.

http://bop.depontevedra.es/pdf/2005/12/23.pdf#page=13

Tal e como foi sinalado a Asociación de Gaiteiros Galegos colaborou con todas as persoas que requeriron a nosa axuda na elaboración do proxecto. Ademais, convén sinalar que as restriccións das bases non permiten a posta en marcha dunha escola de música tradicional na liña sinalada pola AGG e manifestada en distintas ocasións (e tamén entregada ao deputado de cultura e vicepresidente da Excma. Deputación de Pontevedra D. José Juan Durán Hermida)