Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Monográfico de pandeiro e pandeira

Monográfico de pandeiro e pandeira

Cursos

A Asociación O Fiadeiro (Calvario - Vigo) organiza un monográfico sobre pandeiro e pandeira a nivel perfeccionamento. A duración é dun único día, CINCO horas

Día: 02/04/11 (Sábado)
Hora: de 16.00 a 21.00
Lugar: Asociación O Fiadeiro (Calvario - Vigo)

Prezo socio: 35,00 euros
Prezo non socio: 38,00 euros

Podes anotarte nos teléfonos: 629 585 355 / 986 253 585 ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

(Prema no título para ver a nova ao completo)

Prazas limitadas

Monitor: Carlos Álvarez
Con traballo de recuperación, investigación e catalogación de músicas, cantares, instrumentos e danzas tradicionais (Galicia) dende o ano 1997 ata a actualidade. Recibiu clase dos mestres: Xita Pena, Cándido Pena, Javier Feijoó (Chisco) entre outros. Participou nos cursos de "Metodoloxía e catalogación de recollida de campo en música tradicional" impartido por Dorothé Schubarth e "Música sen fronteiras Galicia e Norte de Portugal", así coma outros cursos impartidos por mestres como: Ernesto Campos, Eliseo Parra, Mercedes Peón, etc. Impartiu clases a agrupacións como Pandereteiras Lilaila, Pandereteiras de Soutomaior, Pandereteiras Malmequer, Pandereteiras Veña que Vai e pandereteiros de O Fiadeiro. Actualmente dirixe as Pandereteiras As Lagharteiras e Lembranzas da Ría e é membro dos pandereteiros de O Fiadeiro.