Inauguración da Casa da Gaita e Xantar Gaiteiro
Luns, 14 Marzo 2011 16:48
O Concello de Cotobade e a Asociación de Gaiteiros Galegos teñen o pracer de convidarte o vindeiro sábado 26 de marzo do 2011 á INAUGURACIÓN DA CASA DA GAITA, que acollerá unha EXPOSICIÓN SOBRE A GAITA DE FOL e RICARDO PORTELA, un dos seus máximos expoñentes na provincia de Pontevedra. Ao remate terá lugar o XANTAR GAITEIRO que se celebrará por primeira vez neste emprazamento, no lugar de Quintán, 3. Viascón – Cotobade (ao lado de Restaurante Casa Manolo). Pontevedra.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
PROGRAMA DA INAUGURACIÓN
11.15: Recepción de autoridades na Casa da Gaita
11.30: Apertura do acto
12.00: Visita ás instalacións
12.15: Peche do acto coa interpretación do Himno Galego
12.30: Sesión vermut
XANTAR GAITEIRO
Lugar : Carballeira da Portela (Viascón).
Data: Sábado 26 de marzo de 2011 as 14.00 h.
Menú: Primeiro: Polbo.
Segundo: Churrasco.
Postre.
Auga, viño, refrescos, café e chupitos.
O prezo por persoa será de 18 €, para os nenos menores de 12 anos será de 15 €
E ao rematar de xantar, gaiteirada libre na carpa da AGG, así que o que queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidados/as.
Para asistir ao Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos antes do xoves 24 de marzo, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán.
Información e Reservas: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo / 986 847 074
Agardamos a túa participación.