Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / II Curso de Música Tradicional Galega

II Curso de Música Tradicional Galega

Cursos

Os próximos días 1, 2 e 3 de abril de 2011 celebrarase na Granxa de Barreiros o segundo curso de Música Tradicional Galega. O curso constará de distintos obradoiros que mostrarán unha visión completa da nosa Música Tradicional.

O OBXETIVO do Curso é mostrar unha visión completa da nosa música tradicional, participando e disfrutando todos os alumnos dunha visión global do Folclore Galego.
Por unha banda realizaranse aulas específicas de cada instrumento, cunha finalidade de mellora individual e de montaxe dun repertorio común. Por outro lado tamén se realizarán seis Obradoiros onde poderán participar e asistir todos os alumnos do curso.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

O curso está DESTINADO A xoves a partir de 12 anos e adultos en xeral, músicos, mestres de educación musical, profesionais da Música e da Danza e Teatro, etc.

O Curso de Música Tradicional terá tres APARTADOS ou especialidades:

1º Aulas de gaita e Obradoiros relacionados co instrumento.
2º Aulas de percusión galega e Obradoiros relacionados coa percusión tradicional de todo tipo.
3º Aulas de baile e canto tradicional e Obradoiros relacionados co folclore.

O II Curso de Música Tradicional Galega será impartido por Pepe Vaamonde, Miguel Anxo López Buján "Chino" e Javier Feijóo "Chisco", contando tamén coa colaboración de Sito Carracedo.

Para facer a inscrición: http://fingoi.com/musica/index.php?option=com_content&task=view&id=242&Itemid=1

Máis información, na Secretaría do Centro de Música Fingoi:

telf: 982 221 630 mail:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo