Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Obradoiro de Voz & Corpo & Mente

Obradoiro de Voz & Corpo & Mente

Cursos

Taller dirixido a persoas ou colectivos que desexen ampliar, mellorar ou restaurar a súa capacidade vocal, e explorar outras voces ocultas no corpo a través do movemento, xogos e sensibilizacións psicofísicas.

Durante os talleres desenvolveranse entre outros, os seguintes apartados- Mellorar a expresividade da voz cantada e falada,.
-Mellora da afinación, a dicción e articulación vocal.
-Aumento do rexistro tonal mediante a tensión e distensión de diferentes grupos musculares.
-Exercicios psicofísicos para desbloquear os resoadores e aumentar a potencia e calidade da voz cantada e falada.
-Traballo especifico de Recondución Corporal, para evitar lesións da columna vertebral na emisión da voz e na interpretación con instrumentos.
-Relación espazo-voz. Acondicionamento vocal en consonancia ca situación espacial.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

Necesidades para realizar o taller:
-Os talleres desenvolveranse en sesións de 4 h
- Máximo de 15 participantes por taller

Para os/as participantes
-Caderno e lapis
-Unha canción ou poema ou calquera texto de 6 liñas memorizado
- Esteira ou manta de viaxe
- Roupa cómoda, de deporte

Condutor do taller: Xosé Breijo Vidal
(Licenciado en Arte Dramática. Dirección de Escena e Dramaturxia)

Lugar: Antas de Ulla (Casa da Cultura)
Datas: a concretar
Prezo/persoa: 10 euros/sesión
Información tlfno: 655.345.111

Organiza Asociación Cultural Fiadeira