Próximos Cursos Monográficos
Martes, 22 Febreiro 2011 09:38
Están abertos os prazos de inscrición para os vindeiros cursos monográficos aCF 2011: Cantos do Mundo con Pili Araujo en Pontevedra e Adufe con Luis Prego en Santiago de Compostela.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Para inscrción escribir un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou chamar ás oficinas aCF no +34 881 031 829.
Cantos do Mundo con Pili Araujo
- Sábados 12, 19, 26 de Marzo
- Horario: de 17:00 a 19:00
- Lugar: Antigo Conservatorio de Música de Pontevedra
- Prezo: 18 €
Os participantes, a través da aprendizaxe en grupo, achegaranse a cantos africanos, asiáticos, sudamericanos, etc. toda unha viaxe intercontinental a través da voz.
Imparte
Pilar Araújo foi nos 90 acordeonista e cantante no grupo Chouteira. Especialista en dirección coral, cantos do mundo e pedagoxía musical infantil. Foi fundadora, directora e profesora de canto na Aula Folque Infantil de Pontevedra.
Adufe con Luis Prego
- Sábados 19 e 26 de marzo
- Horario: de 10 a 14 horas
- Lugar: LSC Sar. Santiago de Compostela
- Prezo: 80 €
Este curso versa sobre o pandeiro cadrado e o canto que o acompaña, coa intención de ofrecer unha perspectiva global sobre as súas características. O contido abranguerá os seus usos tanto na Galiza, Asturies e norte de Portugal. Impartido por Luis Prego Desde unha introdución á súa contextualización xeográfica, ata un percorrido polo repertorio conservado e os toques posibles, pasando por unha escoita e visualización de vídeos de pandeiros cadrados peninsulares serán os contidos do único módulo deste monográfico de Adufe. Tamén haberá espazo para estudar xeitos de agarre, posición de mans, sonoridade e toque recompilados.
A formación se desenvolverá en 2 sesións de 4 h cada unha