Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / II Xornada de música e baile tradicional de Eirís

II Xornada de música e baile tradicional de Eirís

Cursos

II Xornada de música e baile tradicional de Eirís
Presentámosvos a II Xornada de música e baile tradicional de Eirís.

Será un curso intensivo de gaita galega a cargo de Daniel Bellón García o vindeiro sábado 19 de Febreiro do 2011 en horario de 10:30 a 13:30 e 16:00 a 21:00 horas CCM de Eirís (A Coruña).

(Prema no título para ver a nova ao completo)

Daniel Bellón (nado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1985) sempre amosou un grande interese pola música e dun xeito moi especial pola galega. Posúe un dos curriculums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Na actualidade combina a súa faceta de músico nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), e gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes coa de mestre de gaita galega.

 

http://xornadaseiris.blogspot.com

Daniel Bellón