Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Deput. Pontevedra / Anuncio do concurso público da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra

Anuncio do concurso público da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra

Deput. Pontevedra

A Deputación de Pontevedra anunciou hoxe, 23 de decembro de 2005, o concurso para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a elaboración do proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra.

As solicitudes de participación no concurso poderanse presentar ata o sábado día 7 de xaneiro e poderán facelo todas as persoas naturais ou xurídicas que o desexen. Lembramos que o rexistro da Deputación Provincial permanece aberto de luns a sábado de 9 a 13 horas. Toda a información sobre a resolución está dispoñible na páxina 13 do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do día 23 de decembro de 2005 e nas seguintes páxinas web:

http://www.depontevedra.es/?1,9202
http://bop.depontevedra.es/pdf/2005/12/23.pdf


Mais información.

Unha vez máis asistimos a unha hábil manobra da administración provincial ao anunciar a convocatoria o día de hoxe, véspera de Noiteboa, e estipulando como data máxima de entrega da documentación o día seguinte á festividade de Reis, que coincide en sábado.

Desde a AGG animamos a todas as persoas, asociacións, e empresas relacionadas coa música tradicional galega a presentar un proxecto serio, de calidade e rigoroso, que contribúa a ofrecer un futuro esperanzador para a música tradicional na nosa provincia.

Queremos reiterar o noso ofrecemento para prestar apoio a todo aquel que pretenda tomar parte no concurso e para axudar na tramitación dos proxectos e documentación pertinente para propoñer unha alternativa ao atentado contra o noso patrimonio cultural que pretenden levar a cabo ABGPPP e a Excma. Deputación de Pontevedra.