Percusión tradicional con instrumentos de cociña con Vanesa Muela
Luns, 14 Febreiro 2011 09:28
O vindeiro sábado 19 de febreiro aCentral Folque organiza un novo curso monográfico específico co título de Músicas da fortuna, percusión tradicional con instrumentos de cociña. Imparte Vanesa Muela, xoven cantante e percusionista castelá cunha sólida carreira profesional coma solista e mestra de canto e percusión tradicional. O curso será de 6 horas e ten un prezo de 100 €.
Inscrición: Enviar un mail a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou no +34 881 031 829
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Breve descrición do curso
Monográfico de instrumentos da fortuna, eses que non foron deseñados pra fins musicais pero acaban sendo parte da creación sonora neste caso percusión con obxetos de cociña
Aprendizaxe de técnicas percusivas, cantos e repertorio tradicionais para instrumento de cociña como as culleres, mortero, tixola ou a tapa dunha pota.
Traxectoria
Vanesa Muela é Licenciada en Historia pola Universidade de Valladolid desde o 2003 e especialista en Estudos sobre a Tradición. Comezou a cantar á idade de catro anos e ao seis realizou o seu primeiro recital, no Teatro San Viator de Valladolid, cantando en directo doce cancións tradicionais.
Máis de 2.800 concertos en todo o territorio nacional e en países como Portugal, Italia, Francia ou Grecia pon de manifesto a intensa actividade de Vanesa nestes anos.
No seu repertorio leva temas de Castela e León: xotas, romances, cantos de traballo, de Nadal, de entroido, charros, charradas, fandangos, seguidillas, agarrádevos, lixeiros, roldas, corridos, rumbas, etc.
Ademais, nos seus concertos acompáñase dunha vintena de instrumentos tradicionais: guitarra, rabel, pandereita, pandero cadrado, cunchas, criba, carajillo, zambomba, darbouka e diversos instrumentos de cociña como o mortero, as culleres, a tixola ou a tapa de pota. Habitualmente, faise acompañar dunha parella de baile tradicional, xa que a simbiose do canto e da danza fai que o espectáculo dunha hora e cuarto de duración sexa moi completo e ameno.
Múltiples premios, méritos e recoñecementos outorgáronlle a Vanesa ao longo da súa carreira. Destacan entre outros: o Premio á "Pureza Interpretativa" concedido pola Deputación de Valladolid en 1993 ou o Premio Nacional de Etnoloxía "Cultura Viva", outorgado polo CSIC no ano 2006, no seu XV edición, premio que por 1ª vez na historia recaía nunha muller tan nova de tan só vinte e sete anos.
Vanesa é presentadora de festivais nacionais e internacionais de folclore desde o quince anos e locutora de radio desde os doce, chegando a ter os seus propios programas de radio en antena dedicados á música de raíz, durante dez anos consecutivos. Tamén profesora de percusión tradicional na Escola de Folclore Praza de Castela (Madrid), onde ensina a tocar a pandereita e varios instrumentos de cociña a xente de todas as idades. Grazas aos seus amplos coñecementos, á súa forma de transmitilos e á súa simpatía, é unha das profesoras máis demandadas polas escolas de folclore de todo o país.
Dentro destas actividades didácticas, destaca sobre todo o labor realizado en Colexios de Educación Primaria e Institutos de toda España, aos que fai chegar a nosa cultura tradicional, mediante un programa específico de cancións tradicionais infantís, no que poden participar cantando e bailando todos os nenos e nenas.