Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Deput. Pontevedra / Saída bases concurso para implantación da Escola de Gaitas

Saída bases concurso para implantación da Escola de Gaitas

Deput. Pontevedra

Fontes da Excma. Deputación de Pontevedra informaron onte á Asociación de Gaiteiros Galegos que, na semana de Nadal, sairán publicadas no BOP as bases para acceder ao concurso público para a implantación da Escola de Gaitas que tanta polémica xerou este vran pasado.

Como a AGG xa publicara en distintas ocasións, este concurso semella estar dirixido a consolidar o convenio que fora aprobado a principios deste ano de xeito pouco ortodoxo. O feito de que a convocatoria se faga nas datas de Nadal fai sospeitar que se busca, dada a tempada de parón
vacacional, que se entere pouca xente para deixar paso libre á "Asociación de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra" beneficiaria do convenio citado.


Mais información.
Está claro que o Sr. Deputado de Cultura, Sr. José Juan Durán, e, por extensión, o Sr. Presidente, D. Rafael Louzán, non teñen intención algunha de ter en conta as advertencias da AGG no sentido do mal que, á larga, vai facer a ABGPPP á música tradicional de Pontevedra dada a súa inclinación
por instrumentos, técnicas e formacións foráneas que nada teñen que ver coa nosa cultura.

A Asociación de Gaiteiros Galegos quere informar a calquera persoa ou asociación que estea vinculada ca música tradicional, e que pretenda tomar parte no concuso, que está en disposición de axudar na tramitación dos proxectos e documentación pertinente para propoñer unha alternativa ao atentado conta o noso patrimonio cultural que pretenden levar a cabo a
ABGPPP e a Excma. Deputación de Pontevedra.