Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / A TRADESCOLA CONTINUOU HOXE, CON CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA ESCOLARES

A TRADESCOLA CONTINUOU HOXE, CON CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA ESCOLARES

AGG

xornadas_musica_tradicional_chantada.jpgA TRADESCOLA CONTINUOU HOXE, CON CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA ESCOLARES, AS XORNADAS SOBRE A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA EN CHANTADA

Os mestres da Tradescola, Xose Lois Romero e Luis Correa “O Caruncho” cautivaron aos alumnos de Chantada amosándolles os instrumentos, a historia e a evolución da música tradicional galega.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

Lugo, a 3 de febreiro de 2011. A Casa da música de Chantada acolleu a segunda parte das actividades que A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, desenvolveu estos días na vila. Durante máis de dúas horas Xose Lois Romero e Luis Correa “O Caruncho” fixeron un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos, cautivando aos alumnos dos cursos de 5º e 6º de primaria que asistiron ao concerto. Cunha gran acollida por parte dos alumnos dos CEIP Eloisa Rivadulla e CEIP Xoan de Requeixo de Chantada, estes dous mestres da Tradescola amosaron os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

xornadas_musica_tradicional_chantada_1.jpg

As xornadas iniciáronse o pasado domingo día 30 de xaneiro co curso gratuito de canto tradicional, onde máis de 20 participantes afondaron nas técnicas de canto e pandeireta, e na técnica vocal, e no que aprenderon distintas pezas do repertorio de música tradicional elexido para a ocasión.

A Tradescola ten como obxectivo ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.

Contacto: Mónica Fernández 982 229 966