Obradoiro de técnicas de improvisación teatral aplicadas á regueifa e actuación pública
Martes, 01 Febreiro 2011 08:39
A Asociación ORAL de Galicia convoca este obradoiro que será impartido por profesionais de Impromadrid nas instalacións do CVC Valladares no Centro Sociocultural do Pedregal (Estrada Xeral Valladares, nº 261) durante os días 5 e 6 de febreiro, no seguinte horario:
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Sábado 5: de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas
Domingo 6: de 10,30 a 14,30 horas e de 16,00 a 19,00 horas
O número máximo de alumn@s é de 15
O prazo de inscrición estará aberto ata o 3 de febreiro (xoves) ás 21,30 no teléfono 986467053.
O prezo da inscrición será de 25,00€ e nel está incluido o xantar dos dous días.
Os participantes farán posteriormente unha demostración aberta ó público o mesmo día 6 de 19,00 horas a 20,30 horas no Auditorio do CVCV.
Máis información sobre a regueifa na Web www.regueifa.org
Máis información sobre impromadrid na Web: www.impromadrid.com
Os interesados farán efectivo o pago ó seu nome no nº de conta da Asociación. 2080 0082 41 0040006871