Comeza unha nova andaina: ATURUXO, o voceiro da AGG
Luns, 05 Decembro 2005 23:29
Vimos de enviar a todos os novos socios o primeiro número do voceiro da Asociación de Gaiteiros Galegos, ATURUXO, que pretende ser un medio de comunicación entre todas as persoas que traballan na música tradicional galega.Deste xeito faremos chegar a todos vos o traballo e as novas máis recentes, pretendendo ser un xeito fluido de transmisión de información entre todos os colectivos, persoas, grupos, asociacións e individuos.

Ademais, aproveitamos para enviar un número especial do voceiro onde se explican os antecedentes e a situación actual relativa á problemática xerada pola posta en marcha, por parte da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, dunha Escola de Gaitas seguindo o modelo da Deputación de Ourense que tan nefastas consecuencias tivo para esa provincia.
Mais información.

Por favor, todos aqueles socios que non reciban o seu exemplar no prazo de unha semana (esta semana é "especial") poden contactar con Sonsoles a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Tamén informamos da posta en marcha dunha lista de correo para ter información máis actualizada, sendo necesario pórse en contacto con Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo para solicitar a alta na mesma.
Comeza unha nova andaina.





