Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Homenaxe a Bal y Gay

Homenaxe a Bal y Gay

Varios

Lugo, Santiago e Madrid, as tres cidades nas que transcorreu a vida de Bal y Gay en España, compartirán durante os próximos cinco meses os actos conmemorativos do centenario do seu nacemento.

Onte a mediodía inaugurouse unha exposición conmemorativa do centenario do nacemento do insigne músico e intelecual lucense. Pola noite foi ofrecido un concerto a cargo da mezzosoprano Elena Grágera e do pianista Antón Cardó.


Mais información.

*/Tientos y silencios/*

Baixo este título, que rememora un artigo seu,preséntase a exposición que permanecerá aberta ao público na sala da deputación ata xaneiro; no Colexio de Fonseca de Santiago, ata marzo; e na Residencia de Estudiantes de Madrid, ata maio do próximo ano.

Tamén están programados cinco concertos e mesas redondas nas tres cidades, que abarcarán a obra pianística e orquestral do autor. A exposición inclúe un catálogo que constituirá un referente de primeira orde para coñecer a vida e obra de Bal y Gay.

Nesta iniciativa colaboraron durante o último ano varias decenas de persoas, como ben destacou Carlos Villanueva, comisario da exposición, quen tamén fixo fincapé no entendemento que existiu entre as entidades promotoras: a Universidade de Santiago, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, a Residencia de Estudiantes de Madrid, a Deputación de Lugo, o Concello de Lugo e Caixa Galicia. Esta actividade enmárcase no programa /Lugo Cultura/ que se está desenvolver na vila galega.

*/Un ‘fora de serie’/*

Carlos Villanueva acompañou a inauguración cunha pequena biografía de Jesús Bal y Gay, na que chegou a afirmar que foi músico e musicólogo, pero que puido ter sido poeta ou destacar en calquera outra rama da arte debido a que, basicamente, foi un intelectual interesado por todos os ámbitos da cultura.

Asiduo articulista e autor de libros, durante o seu exilio en México, incluso se interesou pola radio. A Residencia de Estudiantes e unha estancia de tres anos en Cambridge marcaron notablemente a súa vida e obra, pero nunca perdeu a esencia lucense e galega, de modo que, debido ao exilio en México, ao que marcha en 1938, «escribe allí lo que debería haber escrito aquí», destacou Villanueva.

*/Obriga e esquecemento/*

A gran personalidade de Bal y Gay e a importancia da súa obra vangardista foron destacadas por todos os representantes das entidades que asistiron ao acto e a una roda de prensa previa.

Todos eles resaltaron a calidade intelectual do lucense a o inxusto esquecemento no que as institucións o mantiveron durante moitos anos. Esta exposición ven a saldar unha débeda histórica que as institucións e a sociedade galega mantiña con este persoeiro.