Festival Rebulir 2010
Martes, 14 Decembro 2010 00:00
Un ano máis chega o Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional, que este ano cumpre a súa V edición, adquirindo un maior nivel Internacional. O programa contén múltiples actividades durante as xornadas do 18 e 19 de Decembro.
Comezaremos o Sábado pola mañá coa gravación do programa Vaia Troula da TVG desde a Praza de San Andrés (Vilavidal). As 19:00 h chegará a principal cita cando se xunten todos os grupos no Polideportivo de O Picouto, aquí dedicarán ao público asistente o mellor do seu folclore.
Na madrugada do Domingo, o local Onde Queiras de Celanova acollerá unha Foliada, onde os diferentes grupos tocarán e animarán aos presentes. Xuntos brindaremos cunha cunca de queimada pasada a media noite. Na Xornada do 19, as diferentes delegacións visitarán a cidade de Ourense desde onde partirán cara os seus lugares de orixe.
Ata Ramirás virán as seguintes delegacións:
-EMBT Rebulir (Ramirás)
-Airiños da Lagoa (Baiona)
-Gaztedi Dantzari Taldea (Bilbao)
-G.F. Valle de San Lorenzo (Castilla-León)
-G.F. de Pinheiros (Portugal)
-Alma Llanera (Venezuela)