Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Concursos e Certames / I CONCURSO DE RECOLLIDA DE PANXOLIÑAS E CANTARES DE REIS”

I CONCURSO DE RECOLLIDA DE PANXOLIÑAS E CANTARES DE REIS”

Concursos e Certames

A CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE, A TRAVÉS DA DIRECCIÓN XERAL DE CREACIÓN E PROMOCIÓN CULTURAL, E MAIS O CONCELLO DE BOIMORTO, CONVOCAN O I CONCURSO DE RECOLLIDA DE PANXOLIÑAS E CANTARES DE REIS, CO FIN DE CONTRIBUÍR Á ESTABILIZACIÓN DO PATRIMONIO FOLCLÓRICO GALEGO RELATIVO AO NADAL, DE ACORDO COAS SEGUINTES BASES:


Mais información.
1. Poden participar todas as persoas que o desexen, xa for dun xeito individual ou integradas en colectivos; así mesmo, a convocatoria diríxese dun xeito especial aos alumnos dos centros de ensino de Galicia, tamén coa posibilidade de participar individualmente ou agrupados en equipos de traballo.
2. A recompilación cómpre enviala nunha casete ou nun CD, no que se inclúan unha ou varias panxoliñas ou cantares de Reis tradicionais galegos. Na etiquetaxe da caixa debe aparecer o nome ou os nomes dos informantes e a aldea, a parroquia e o concello onde se efectuou a recollida; amais, as gravacións deben ir acompañadas por unha transcrición mecanografada das correspondentes letras.
3. Estabelécense os seguintes premios, dotados do seguinte xeito:
3.1. Alumnos do ensino non universitario e agrupacións pertencentes a centros educativos non universitarios:
3.1.1. Mellor recompilación de panxoliñas ou cantares de Reis, cun premio consistente nun lote de material por un valor de 1200 euros.
3.1.2. Mellor panxoliña ou cantar de reis cun premio consistente nun lote de material por un valor de 400 euros.
3.2. Libre
3.2.1. Mellor recompilación de panxoliñas ou cantares de Reis, cun premio de 1200 euros.3.2.2Mellor panxoliña ou cantar de Reis, cun premio de 400 euros.
4. O prazo de presentación dos traballos remata o día 5 de xaneiro de 2006.
5. As gravacións deben enviarse nun sobre no que conste, no exterior, a lenda “I Concurso de recollida de panxoliñas e cantares de Reis”, cos datos da persoa ou persoas concursantes no interior, xunta as letras das pezas recollidas e a caixa que conteña as gravacións.
6. A decisión do xurado ha basearse especialmente na orixinalidade e na autenticidade dos traballos presentados.
7. A decisión do xurado é inapelábel.
8. A participación no concurso significa a aceptación plena das súas bases