Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / XORNADAS DE MÚSICA TRADICIONAL DA TRADESCOLA EN SARRIA

XORNADAS DE MÚSICA TRADICIONAL DA TRADESCOLA EN SARRIA

Cursos

A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Sarria.

Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.

O vindeiro día 16 de Xuño en horario de mañán, terán lugar 2 concertos didácticos de música tradicional na Casa da Cultura de Sarria, dirixidos á poboación en idade escolar dos distintos centros da vila, e nos que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Nos concertos amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

Este concerto didáctico estará guiado por tres mestres da Tradescola, Bruno Villamor, Emilio Mesías e Luis Correa “O Caruncho”.

Posteriormente, o domingo 20 de Xuño, o Local social Os Breogáns acollerá durante todo a día un curso de técnicas de canto tradicional, que estará guiado polas profesoras da Tradescola, Montse Rivera e Begoña Lorenzo.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo