ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS II XORNADAS DE BAILE TRADICIONAL
Mércores, 05 Maio 2010 19:09
A Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo de inscrición para as II Xornadas de Baile Tradicional que se celebrarán o sábado 22 de Maio no Centro Sociocultural do Castiñeiriño de Santiago de Compostela (Virxe de Fátima, s/n). Estas xornadas naceron fai un ano coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.
As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas en primeiro termo para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición.
PROGRAMA
MAÑÁ
10:00 h – Recepción dos participantes e presentación das Xornadas.
10:15 h - PRESENTACIÓN DE PUBLICACIÓNS: “ Así fan os Bailadores” Xabier Iglesias - “Bailaben” Edith Cotilla e Gustavo Couto.
11:15 h - 1º OBRADOIRO: Xabier Iglesias, “ Xogos tradicionais bailados”.
12:30 h - 2º OBRADOIRO: Luis Prego. “Muiñeiras”
TARDE
16:00 h - MESA REDONDA: “Situación actual e futuro do baile tradicional en Galicia” .Serxio Cobos, Luis Prego, Gustavo Couto. Moderador: Pablo Díaz.
17:15 h - 3º OBRADOIRO: Serxio Cobos. “Xotas”
18:30 h - DESCANSO
19:00 h - 4º OBRADOIRO: Pablo Díaz: “Os bailes agarrados”.
20:15 h - CONCLUSIÓNS E PECHE DAS XORNADAS.
21:30 SERÁN: Festa aberta a todos e todas as participantes nas xornadas e outros convidados para tocar e bailar.
Para asistir a estas xornadas, é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 20 de maio a través dos teléfonos 986 847074 / 982 229966 ou a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
A inscrición é gratuita para socios da AGG e ten un custo de 10 € para os non asociados.
Forma de pago para non socios: Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no número de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto Xornadas de baile tradicional 22 de maio 2010 e o nome completo da persoa.