Alex Regueiro, obradoiro de traxe tradicional galego
Martes, 13 Abril 2010 17:26
Presentamos o traballo de Alex Regueiro, creador de As Galas de Alén, un obradoiro de traxes tradicionais galegos cualificado pola Xunta de Galicia. A súa laboura é a de recuperar o vestimenta popular galega. Dirixido por Alex Regueiro, artesán cualificado polo mesmo organismo, leva quince anos aportando un traballo moi importante para a recuperación e conservación desta parte do patrimonio galego.O seu traballo está especializado no que deu en chamar alta costura tradicional, pezas mimamadas e exclusivas como antano, onde cada gaiteiro se distinga pola súa mestría tocando e pola elegancia coa que vestía. Na actualiade, Alex Regueiro traballa e colabora con varios museos e organismos públicos e privados para recuperación do noso ben querido traxe tradicional.
Tamén é admistrador do grupo de AMIGOS DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO en Facebook que conta con case 3000 compoñentes. Visita a súa páxina.