Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / CELEBRACIÓN DO XV XANTAR GAITEIRO EN LALÍN

CELEBRACIÓN DO XV XANTAR GAITEIRO EN LALÍN

AGG


Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos reuniu a moitos dos seus soci@s e persoas amantes da música tradicional galega no Xantar Gaiteiro. O lugar escollido para a celebración desta XV edición foi a cidade de Lalín, concretamente o restaurante Agarimo, onde os asistentes disfrutaron dun menú consistente en cocido galego e postres tradicionais, e todo acompañado da mellor música tradicional.

O Xantar Gaiteiro é un encontro anual, organizado pola AGG, que vai pola súa 15ª edición e que cada ano se materializa nunha cidade ou vila, tratando de achegar esta celebración a todos os puntos da xeografía galega.

Dende a AGG pénsase que é importante manter xuntanzas como o Xantar Gaiteiro que serven para poñer en contacto ás persoas que, dende distintos puntos do país, traballan co obxectivo común de espallar e conservar a música tradicional.