Berrobaman
Xoves, 08 Abril 2010 10:21
Cursos

Berrobambán propón para esta primavera un novo programa de formación. A compañía achega novas propostas de formación para esta primavera: repítense os cursos de Técnica vocal con Ramón Bermejo e Expresión corporal David Loira, logo do éxito que tiveron no outono, e ofértanse tres novos cursos de Narración oral, con Quico Cadaval, Cándido Pazó e Soledad Felloza. Amais dunha nova edición dos dous cursos regulares para traballar a voz e o corpo, hai programados tres novos intensivos con algúns dos mellores contacontos do país: se na anterior edición destes monográficos estiveran a cargo de Paula Carballeira, Celso Fernández Sanmartín e José Campanari, desta volta serán con Soledad Felloza, Quico Cadaval e Cándido Pazó.
Cada un deles ten 8 prazas como mínimo e 12 como máximo, e custa 60 euros, mais de matricularse nos tres, o prezo total é de 150. Son en venres e sábado de 16.30 a 20.30, e os sábados tamén de 10.00 a 14.00 da mañá.
www.folque.com