Curso de Pechado, impartido por Pablo Carpintero
Martes, 04 Outubro 2005 09:54
A Asociación Meigas e Trasnos, C.I.T., organiza un curso de pechado para o vindeiro sábado 15 de outubro en Sarria.O curso, durará todo o día en dúas sesións (11 a 14 horas e 16 a 18:30 horas) e estará impartido polo mestre Pablo Carpintero.
A inscrición é de 30 euros e as prazas son limitadas.
Todas aquelas persoas interesadas poden dirixirse ao seguinte número: 661 445 787.
Mais información.
PROGRAMA CURSO DE PECHADO
SARRIA DÍA 15 DE OUTUBRO
MAÑÁN (de 11:00 a 14:00): Teoría.
Durante a mañán impartiranse varias charlas:
-A orixe do toque pechado e a súa distribución.
-Diferentes tipos de pechado en Galicia.
-Explicación sobre a tipoloxía dos punteiros vellos.
-Empalletado de punteiros antigos.
-Audición de vellos tocando pechado.
SERÁN (de 16:00 a 18:30): Práctica.
(É preciso que os alumnos traian un punteiro para tocar pechado)
-Exercicios preparatorios para axilizar a dixitación en pechado.
-Escalas
-Exercicios para axilizar as alternancias Mi-Fa, Fa-Sol e La-Fa
-Ensino dunha melodía sinxela ós alumnos.