Serán na Sala Nasa
Venres, 26 Febreiro 2010 10:21
O próximo xoves, 4 de marzo temos SERÁN na SALA NASAContinuarase coa novidade deste ano, “Obradoiro de iniciación ós seráns”que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile, este é o terceiro obradoiro de baile agarrado, impartido por Pablo Díaz.
E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa ás 22.15h.
Os grupos que van poñer música son:
1. Gentalha do Pichel
2. Cantigas e Agarimos
3. Habelas Hainas
E TI POS O BAILE
Patrocinado pola Concellería de Cultura
de Santiago de Compostela.
Máis información Xan García Tf. 630 01 60 45