Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Curso de Adufe

Curso de Adufe

Cursos

A Central Folque organiza o curso monográfico " O adufe en Galicia e Portugal" centrado nas técnicas que perviviron até os nosos días no noroeste da Península Ibérica. Abrangue desde unha introdución á súa contextualización xeográfica, ata un percorrido polo repertorio conservado e os toques posibles.

Tamén haberá espazo para realizar unha escoita e visualización de vídeos de pandeiros cadrados peninsulares, atendendo as peculiaridades do instrumento. Trataranse ademais xeitos de agarre, posición de mans, sonoridade e toque recompilados.

Imparte: Luís Prego
Datas e Lugar: CSC Fontiñas. Santiago de Compostela 6, 13, 20 e 27 de marzo
Horario: 11:30 - 13:30
Prezo: 60 €
Inscripcións: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo