Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Obradoiro de Tamboril e Pandeireta no Centro Galego de Madrid

Obradoiro de Tamboril e Pandeireta no Centro Galego de Madrid

Cursos

A Escola de Gaitas do Centro Galego de Madrid organiza un taller de percusión tradicional para os días 20 e 21 de Febreiro nas súas instalacións da rúa Carretas. Está dirixido a todas as persoas interesadas na percusión galega, que queiran iniciarse nela ou ben aumentar o seu nivel.

Non fai falta ter coñecementos previos para inscribirse e vai ser eminentemente práctico. Para realizar este curso contarán coa presenza de Alexandre Fernández, percusionista titulado e mestre de baile galego cunha ampla experiencia docente, tanto nacional como internacional.

O prezo é de 70 euros (50 euros para os socios do Centro). Ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo.

As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición. Para máis información sobre preinscripción e horarios consultar http://juanluna.wordpress.com/

OBXECTIVOS DO CURSO:
-Repaso e afianzamento da linguaxe rítmica musical.
-Tecnica avanzada para Tambor e Pandereita.
-Exercicios para obter velocidade nas interpretacións.
-Traballo de dinámicas (piano, mezzo, forte, acentos).
-Aprendizaxe dun repertorio (4 temas).
-Percusión corporal.
-Exercicios de canto para proxectar a voz.
-Montaxe de varias cantigas tradicionais na sección de pandereita.
-Empaste xeral cos demais instrumentos melódicos e rítmicos.
-Combinacións entre Bombo e Tambor (pregunta-resposta) .