Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A AGG nas II Xornadas de Educación Infantil

A AGG nas II Xornadas de Educación Infantil

Varios

A Asociación de Gaiteiros Galegos presentou nas “II Xornadas de Educación Infantil. Música da terra para @s nos@s pícar@s” as publicacións didácticas promovidas por esta entidade.

As alumnas e alumnos do CIFP Anxel Casal de Monte Alto da Coruña, en concreto, do Ciclo Superior de Educación Infantil, no seo do módulo de Didáctica da Educación Infantil, rematan hoxe unha actividade práctica de aula: unhas xornadas educativas denominadas: “II Xornadas de Educación Infantil. Música da terra para @s nos@s pícar@s”.

As Xornadas, que se están a desenvolver esta semana, do luns 8 ao xoves 12, tiveron como temática principal a música tradicional e a súa aplicación á Educación Infantil.

Pensouse en abordar a música tradicional galega nun senso amplo, tendo en conta tódalas súas manifestacións, xa sexa a interpretación, o canto, a danza ou mesmo os xogos populares musicados; dada a importancia que se lle atribúe dende a pedagoxía actual para cun desenvolvemento harmónico das crianzas e a ausencia da mesma no currículo da Educación Infantil na súa primeira etapa.

A presentación que a AGG fixo : "Quiquiriquí", "Pelo Gato 24" e "13 Lúas" tivo unha gran acollida por parte do público astistente: futur@s mestr@s de Educación Infantil.