Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O Entroido en Chantada e Salcedo, o noso Patrimonio Inmaterial

O Entroido en Chantada e Salcedo, o noso Patrimonio Inmaterial

Varios

A vindeira semana terán lugar na cidade de Lugo unhas xornadas adicadas ao entroido en Chantada e Salcedo que están promovidas pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

O XOVES 11 de FEBREIRO, ás 20:00 h terá lugar unha conferencia no Salón de actos da Deputación de Lugo, na que participarán:
-Xosé Manuel González Reboredo
-Xosé Ramón Mariño Ferro
-Adolfo de Abel Vilela

O día seguinte, o VENRES 12 de FEBREIRO, a partir das 17:00 h terá lugar un pasarúas desde o fondo da Praza Maior até a Deputación de Lugo, que contará con REPRESENTANTES DO ENTROIDO DE SALCEDO (A PÓBOA DE BROLLÓN) E SANTIAGO DE ARRIBA (CHANTADA)