Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio



A Asociación Cultural “ Cántigas e Frores” de Lugo, ven de organizar unha exposición fotográfica na que se recollen as distintas etapas polas que pasou a asociación ao longo dos seus máis de 60 anos.

Para isto, a Asociación Cultural Cántigas e Frores contou con un amplo arquivo fotográfico, no que se reflexa toda a súa historia, dende os primeiros anos coa coral ata os nosos días.

Cántigas e Frores quere recoñecer con esta exposición a laboura que durante máis de 60 anos realizaron todas as persoas que pasaron pola entidade, logrando dinamizar a vida cultural de Lugo, e intentando que a música e baile tradicionais tiveran unha grande presenza no transcorrer cotiá da cidade.

Son por tanto , 60 anos de historia dunha asociación que tivo e ten, por finalidade principal, o traballo en prol da cultura tradicional galega, o seu estudio, fomento e divulgación; sen olvidar outro dos seus obxectivos, que é a dinamización da vida cultural lucense.


Ésta exposición permanecerá aberta durante todo o Nadal, dende o día 22 de Decembro do 2009 ata o día 10 de Xaneiro do 2010 no Complexo Residencial Xuvenil Lug II, na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo. A inauguración terá lugar o vindeiro martes 22 de Decembro ás 20.30 h