Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / PRESENTACIÓN DAS XORNADAS DE MÚSICA TRADICIONAL ORGANIZADAS POLA TRADESCOLA

PRESENTACIÓN DAS XORNADAS DE MÚSICA TRADICIONAL ORGANIZADAS POLA TRADESCOLA

AGG



A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, presentou hoxe as xornadas de música tradicional que está a organizar para os vindeiros días 9 e13 de Decembro en Mondoñedo. Á presentación das xornadas, que tivo lugar na Casa do Concello de Mondoñedo, asistiron o delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, o alcalde de Mondoñedo, Orlando González e Mónica Fernández, coordinadora da Tradescola.

A Tradescola ten como obxectivo ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo