Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

xaime estvezHoxe queremos sumarnos ás felicitacións ao noso directivo Xaime Estévez Vila, que é o gañador da I edición dos Premios Mestre Machiño dentro do Festival Interceltico "O Son do Pazo". Con este premio faise un recoñecemento á súa ampla traxectoria no eido da música tradicional galega, así como na educación e a difusión da cultura tradicional. Parabéns Xaime!

Os I Premios Mestre Machiño son unha das novidades presentadas este ano no marco do festival intercéltico O Son do Pazo; Alejandro González "Machiño", unha persoa carismática, cariñosa e amistosa, foi mestre de baile no Círculo Sta. Eulalia de Mos durante moitos anos. Tras o seu pasamento hai uns meses, o Círculo Cultural y Deportivo Santa Eulalia de Mos quere homenaxear á súa figura creando estes premios, cos que recoñecerán cada ano a persoas ou colectivos que teñan loitado pola conservación da cultura tradicional e o folklore en Galicia.

O terceiro Festival Interceltico "O Son do Pazo" terá lugar no Pazo de Mos os vindeiros 1 e 2 de setembro organizado polo Círculo Cultural y Deportivo Santa Eulalia de Mos e contará este año no cartaz con grupos como Airiños do Castelo, Radio Cos, Os Carunchos, Os Chavellos, Susana Seivane, IrishTrebel e Abobriga entre outros. 

A festa está asegurada!!!20429889 1630740726960513_3931319948236148008_n

Máis información: https://www.facebook.com/OSondoPazo/?hc_ref=ARQJbAiAfnuIf10Skm0zgmRVbsED01V3qP7HxUCkl2CfdNrp6Eb6jvTnwnsRNEd2MIQ&;fref=nf