O Pedrón
C/ Couto, 15
15900 Padrón - A Coruña
Teléfono: 686 569 109 / 610 508 852
e-mail: opedron@terra.es
Web: http://www.opedron.webcindario.com/index.html
A agrupación folclórica “ O PEDRÓN “ é unha asociación sen ánimo de lucro ,que nace en febreiro de 1991 con Manuel Miramontes e Montse Liñares como profesores e que ó longo destes anos foi cambiando de alumnos,de directivas,e tamén de profesores. Actualmente contamos con Luz San Martín , Luís Xaneiro e Manuel Edreira como novos profesores.
As que nunca cambiaron foron as bases desta asociación, que son entre outras: recoller, estudiar, ensinar e divulgar a cultura folclórica de Galicia, e eso facémolo en cada actuación, que van dende procesións, festivais, pasacalles ou alboradas en días de festa, que podemos contar entre outras as destes catro últimos anos : Bilbao, Portugal, Marín, Puebla, Laxe, Lalín, etc; e moi a miudo na nosa vila, PADRON.
Todos os instrumentos que utilizamos son tradicionais do noso folclore; gaita, tamboril, bombo e pandeireta.
Dentro da súa labor de organización, “O PEDRÓN “ leva adiante dende o ano 2007 (polo sistema de intercambio) no mes de xuño, o xa tradicional festival folclórico de Padrón, que intentamos mellorar ano tras ano. Tamén dende o ano 2008, xunto co concello, organizamos o festival de gaiteiros solistas, o día 25 de xullo “Santiaguiño do Monte.