Asociacion de Gaiteiros Galegos

Xacarandaina

Rúa Historiador Vedía, 3

15004 A Coruña

Teléfono: 981 277 315

e-mail: info@xacarandaina.com - gmbt@xacarandaina.com

Web: http://www.xacarandaina.com

Formouse en outubro de 1978 na cidade da Coruña con membros de distintas agrupacións. O obxectivo principal e fundamental do Grupo de Bailes e Música Tradicionais Xacarandaina é a investigación do folclore de Galicia, procurando non desvirtuarlo en ningún dos seus detalles. Para isto, o Grupo desprázase polas distintas aldeas e poboacións do país, facendo un importantísimo labor de campo, recuperando así músicas, bailes, danzas, cancións, instrumentos e traxes autóctonos. Froito deste labor o Grupo ten recollidos e montados arredor de 150 bailes e outras tantas pezas de música. Divídese o Grupo en tres seccións: Grupo de Baile, Gaiteiros e Pandereteiras.