Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Folc / Agrupación Folclorica Terra Meiga O Viso

Agrupación Folclorica Terra Meiga O Viso

O Viso - Barrio Tuimil, 73

36810 Redondela - Pontevedra

Teléfono: 616 333 517 / 626 156 872

e-mail: acviso@lycos.es

Web: http://www.terrameiga.net/

A agrupación conformámola mozos e mozas, nenos e nenas, mulleres e homes que amamos a tradición: o noso canto, o noso baile e a nosa música. Durante todo o ano estudiamos a esencia da nosa terra, aprendemos pezas musicais e bailes e ó final, canto todo está ben macerado, ofrecemos toda a tradición do noso pobo a través das nosas interpretacións. Cada danza, cada cantiga, cada peza interpretada é traballo de moitos anos, máis aínda, de séculos. Os nosos devanceiros cantaron, bailaron e tocaron nas reunións cos seus veciños, nas festas do pobo e diante da lareira nas noites de frío inverno. Toda esa bagaxe permanece na nosa alma, no noso corazón, e nós desexamos arrincala do máis adentro para amosarlla á xente do pobo. Representamos a esa xente que nos quere, que nos apoia e ama a esencia da nosa terra. Esa xente que baila unha muiñeira na festa do pobo, que non se avergonza de cantar as cantigas que escoitaba da súa avoa cando adormecía no berce, que escoita con agarimo o son da pandeireta, tamboril e gaita na noite escura dos seráns Traballamos, loitando contra as adversidades en prol do pobo. Un pobo onde nace a cultura e que debe transmitir e divulgar a nosa tradición a través do tempo. Traballamos día a día e desexamos seguir facendoo. Abrimos así as nosas portas a toda aquela xente con inquedanzas, e en xeral, a todo aquel que desexa coñecer e divulgar a tradición, esencia da nosa terra.