Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos / Solistas e dúos / Mercedes Peón

Mercedes Peón

Rúa da Paz, 12 baixo

15189 Fonteculler - A Coruña

Teléfono: 981 652 091 / 661 504 029

e-mail: hermida@mareproduccion.com

Web: http://www.mercedespeon.es/

Mercedes Peón (Galicia) está considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuito da world music actual. Naceu en 1967 e aos 13 años escoitou cantar a varias mulleres da Costa Da Morte. O tocar da pandeireta e o cantar da ribeirana foi o detonante para recoller as cancións, bailes, contos e vivencias dos seus contemporáneos habitantes das aldeas. Transmitiu todo ese coñecemento a través do ensino, nas escolas municipais, na Televisión Galega, e en Universidades como La Sorbone, O Porto, País de Gales etc.

A variedade das súas composicións que arrancan desde a polirrítmia baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes, o seu amplo repertorio, o embruxo e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller, unha aposta segura pola continuidade da escena etnocontemporánea en Europa.