Asociacion de Gaiteiros Galegos

Os Alegres

Mourente, 7

Pontevedra

Teléfono: 986 857 593 / 619 925 960

e-mail: osalegres@osalegres.com

Web: http://www.osalegres.com

Cuarteto tradicional.

O grupo “ Os Alegres ” foi fundado polo famoso gaiteiro de Mourente, Alejo Aboal. O grupo colle o seu nome no 1939 para poder aparecer nos carteis das festas, e foi no descanso que nunha desas festas proporcionaba a  misa, cando surdiu o que sería o nome definitivo.

O grupo volvería á formación tradicional, sen clarinete nen pratos, e co obxeto de cubrir a carencia dalgún integrante, que ameudo pasaba, naceu a idea de crear unha escola de gaiteiros e percusionistas.

Foi Alejo xunto con Laureano Mera, quenes durante catro anos puxeron en funcionamento esta iniciativa.

No 1967 producese o famoso viaxe a America durante tres meses, polos centros galegos da emigración.

No 1978 crease o obradoiro de instrumentos tradicionais, para autoabastecer o grupo. Nestes anos, Dionisio Aboal, o fillo de Alejo, colle o relevo a fronte do grupo e introduce a escola de baile, o finalizar o grupo La Artística, que promovía a Sección Femenina daqueles tempos, y con quenes percorreron toda España.

Dende entón o grupo é reclamado, non so para actuar, senon  tamén para tarefas de formación, en todo o entorno de Pontevedra: Cerdedo, Soutelo,Forcarei,Poio, Combarro, Marín, O grove, Vila de cruces, Silleda, Marcón, Xeve, …