A. F. Celme
Pontevedra
Teléfono: 986 103 905
Web: http://perso.wanadoo.es/afcelme/
O noso repertorio folclórico cobre máis de tres horas de duración, grazas ao labor de investigación que nos levou por numerosas bisbarras galegas, onde a finais do século XIX e principios do século XX, se bailaban as danzas que hoxe tratamos de achegar o noso pobo.
Tratamos de comunicar o noso folclore representando danzas gremiais, que eran interpretadas por persoas de gremios distintos, como relixiosas, onde destacan as "Danzas de Escarvandentes", "Danza de Fitas" e Danza de Arcos"; e danzas puramente tradicionais, cuxo baile por excelencia é a Muiñeira, interpretadas pola xente do campo nas festas ou prazas dos pobos, unha vez realizado o traballo diario. Tamén dispoñemos de bailes que realizaba a clase alta nas súas festas, lucindo traxes elaborados a man e moi valiosos.