Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Home Orquestra / Cé Orquestra Pantasma

Cé Orquestra Pantasma

Estrada de San Xoan de Freixo, 233

36315 Vigo - Pontevedra

Teléfono: 653 025 708

e-mail: contacto@ceorquestrapantasma.com

Web: http://www.ceorquestrapantasma.com/

/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-qformat:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:11.0pt; font-family:"Calibri","sans-serif"; mso-ascii-font-family:Calibri; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-fareast-font-family:"Times New Roman"; mso-fareast-theme-font:minor-fareast; mso-hansi-font-family:Calibri; mso-hansi-theme-font:minor-latin; mso-bidi-font-family:"Times New Roman"; mso-bidi-theme-font:minor-bidi;} Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado  dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.
Dende comezos do verán de 2008  e con mais de 250 concertos en dous anos, este músico  leva percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país  levando ás costas a súa proposta: Cé orquestra pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.
Apoiándose na recuperación da figura do home orquestra, Cé orquestra pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar,  entregándose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.