Tiruleque
Amargura, 2 - 4º
15001 A Coruña
Teléfono: 606 044 298
e-mail: tiruleque@tiruleque.com
A máxima de Tiruleque é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.
Nas súas actuacións están presentes instrumentos claramente unidos á música tradicional galega, mais empregados ao xeito propio do grupo.
Reinterpretando en certa maneira a tradición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso máis aló no uso das tonalidades e modos.
Compoñentes:
ANTÓN BUENO: contrabaixo, coros
ALEX FENTE: acordeón, coros
LUÍS GARCÍA: bombo con pratos, percusións, coros
MIGUEL HORJALES: caixa, percusións, coros
SERXO NÚÑEZ: clarinete, gaita, percusións, voz
FERNANDO ROMÁN: saxo, clarinete, trompeta, coros
JOSÉ A. VÁZQUEZ: gaita, saxo, percusións, coros