Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos / Solistas e dúos / Raúl Galego García

Raúl Galego García

Rúa Río Gandara, 1 - 1ºA

15660 Cambre - A Coruña

Teléfono: 607 844 813 / 981 666 935

e-mail: raulgalego@yahoo.es

Entre 1965 e 1969, no Colexio Fogar de Santa Margarida (A Coruña), xorde en Raúl Galego unha manía galeguizante que o devolveu á reafirmación da súa orixe. Cara a 1960 comeza o seu contacto coa música, aprendendo pronto a afinar a guitarra. Un pouco máis tarde, coa melódica comezou a tocar algunha melodía popular ("se te queres casar coas mozas de aquí", "catro vellosmariñeiros"...). No seu último curso entrou no coro de 'Cántigas da Terra'. Pouco despois, consegue un "punteiro" e unha "palleta" e comezou a practicar durante o pouco tempo libre que tiña. Destas inquietudes e manía xuvenil xurdiu un gaiteiro que, co paso do tempo, non perdeu nin un ápice dese espírito que o vinculou de por vida á nosa música.
Raúl Galego posúe a Certificación Académica de Solfexo, emitida polo Conservatorio Superior de Música da Coruña, pero a súa formación como gaiteiro é froito da autodidáctica, complementada mediante a concorrencia cos gaiteiros de 'Cántigas da Terra', 'Ballet Galego' e outros gaiteiros de fama e por medio do estudo e a investigación nas fontes bibliográficas, recoleccións, entrevistas a vellos gaiteiros e outros estudosos da gaita en todo o mundo.