Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos / Grupos de Baile / Rebulir. Escola de Baile e Música Tradicional

Rebulir. Escola de Baile e Música Tradicional

Praza de San Andrés, s/n - Vilavidal

32810 Ramirás - Ourense

Teléfono: 639 908 005 / 622 880 081

e-mail: rebulir@hotmail.com

Web: http://rebulir.blogspot.com

“ Rebulir ” é o nome da primeira escola de Baile e Música Tradicional do Concello de Ramirás, situada no Centro Sociocultural de San Andrés , no pobo de Vilavidal.

Gracias a esta escola, nace un núcleo para a recuperación e mantemento da tradición neste recuncho da Provincia de Ourense , engadindo un granciño máis a contribución que algúns grupos están a facer a prol da cultura do noso país. Sendo este un dos principais obxectivos que esta escola se marca , aceptando tamén o compromiso de facelo da maneira máis autentica posible , creando non só un grupo de músicos e bailadores , senón que estes a súa vez poidan aproveitar estas habilidades aprendidas para desenvolverse en festas e seráns , o que nós consideramos como cultura de base.