Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos / Folc / Pepe Vaamonde Grupo

Pepe Vaamonde Grupo

Costa do Vedor, 29 - 1ºD

15703 Santiago de Compostela - A Coruña

Teléfono: 639 777 303

e-mail: contratacion@pepevaamondegrupo.com

Web: http://www.pepevaamondegrupo.com/p/Benvida.html

O proxecto musical denominado Pepe Vaamonde Grupo (PVG) nace en 2001 coa intención de mostrar ao público o seu propio xeito de entender a música tradicional galega. Todos os seus traballos descográficos desde entón vertébranse ao redor das composicións de Pepe Vaamonde e aos arranxos propios de cancións tradicionais.
A formación do grupo xorde grazas á unión dunha gaita e un acordeón, é dicir, de Pepe Vaamonde (gaitas e frautas) e Nacho Tobío (acordeón). Tempo despois únense ao proxecto Pipo Alvariño (guitarras), Jesús Vidal (baixo eléctrico) e Andrés Vilán (Percusións). Deste xeito, comeza a funcionar o proxecto para o cal decídese utilizar o nome de Pepe Vaamonde Grupo (PVG).