Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos de Baile / Os Rueiriños

Os Rueiriños

Praza da Liberdade - Nos

15176 Oleiros - A Coruña

Teléfono: 658 047 863 / 981 664 257

e-mail: rueirinhos2009@gmail.com

Web: http://os-rueirinos.blogspot.com/

Este grupo baile nace no ano 1977 no seo da Asociación de veciños “Os Rueiros”, pertencente á parroquia oleirense de Nos. Convertido no decano dos grupos tradicionais do municipio, eríxese como unha das formacións precursoras no eido da música popular na provincia de A Coruña.

Os bailes do seu repertorio constitúen unha simbólica e acertada representación do amplo abano do folclore galego popular, entre os que atopamos muiñeiras, xotas, regueifas, maneos ou pasodobres nos que se narran a vida dos nosos ancestros.

Na actualidade conta con 60 persoas de todas as idades integradas nos corpos de baile e música. Dentro do primeiro establécense tres categorías clasificadas por grupos baixo as denominacións de pequenos, medianos e maiores, mentres que no segundo hai dous de pandeiretas e un de gaitas e percusión. Ademais,Os Rueiriños dende esta agrupación lévase a cabo un importante labor didáctico e pedagóxico coa consolidación das súas escolas.

Un dos seus maiores logros radica na organización da XVI edición da Xuntanza Mariñana, evento no que participan dende os comezos da súa historia. Actuacións por todo o territorio galego e a participación en festivais e intercambios culturais no resto da xeografía española e portuguesa avalan unha traxectoria repleta de éxitos e loubanzas alá onde van.

Pero o maior exponente do grupo e motivo de satisfacción para todos os seus componentes é o himno propio de "Os Rueiros", unha peza de letra e melodía, composto por Xulio Dans e convertida no seu auténtico selo de identidade. Unha expresión máis do arte popular das xentes que escribiron a nos a historia.

O actual Presidente é Xosé Manuel López Pita, a mestra de baile e canto é Salome Couso e o profesor de gaita é Juan Carlos Longeira (componente do grupo Alen do Mar). Actualmente ensaian na Casa do Pobo de San Pedro de Nos os sábados pola mañan.