Os Trazantes de Tenorio
Covas, 64 (Penadique) - Tenorio
36120 Cotobade - Pontevedra
Teléfono: 638 521 479 / 629 605 880
e-mail: trazantes@yahoo.es
Web: http://www.trazantes.com/
En Tenorio, no val do Lérez, zona de Cotobade, “trazantes” son as persoas con habilidade e inxenio para acometer os máis variados traballos. O grupo de Os Trazantes de Tenorio naceu na primavera de 1984 para animar as festas e romarías, para fomenta-lo interese pola nosa música e dar vida, de novo, a antigos bailes e cantigas. Teñen participado en diversas xuntanzas e concursos: Pontevedra, Cedeira, Santiago, Padrón, Vigo... E actuaron con éxito na TVG en diversos programas, o cal viuse reflectido nunha nominación no apartado de mellor grupo tradicional ós Premios da Asociación da Prensa Galega na súa primeira edición, correspondente a temporada 97/98. Os seus éxitos televisivos continuáronse no premio que parella do grupo formada por Susana e Anxo conseguiu no concurso de parellas de baile tradicional organizado polo programa “Luar” no ano 2004. En 1996 acadaron o primeiro premio no “XVI Encontro de Grupos Tradicionais” celebrado no Teatro Colón de A Coruña, coa “Foliada de Forcarei”. No verán de 1998, a sección máis xove do grupo acadou un terceiro premio en Cerdido. Coa “Muñeira de Leira” e foron finalistas en outros concursos. No verán de 2002 o grupo representou a Galicia, xunto con Milladoiro, no festival folklórico internacional de Guignamp (Bretaña). Ademáis, fixeron actividades de recollida de pezas, conferencias e outras iniciativas pala fomenta-lo folclore tradicional galego. Adoitan actuar acompañados por coñecidos gaiteiros do Val do Lérez, como a gaiteira Sonsoles Martínez ou Fermín Martínez de Tenorio, e experimentados acordeonistas como Esther Fernández.