Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Folc / Moxenas, Musical Galego

Moxenas, Musical Galego

A Gandariña, 31 - Sobrada

36790 Tomiño - Pontevedra

Teléfono: 689 047 133 / 609 688 679

e-mail: epicentross@gmail.com

Web: http://www.myspace.com/moxenas

MOXENAS, Musical Galego (moxenasmusicalgalego@gmail.com) é un proxecto integrador das actividades de música e baile tradicional na federación de 35 asociacións veciñais de Vigo.

O grupo leva o nome dun dos intérpretes e compositores de repertorio tradicional que tivo a bisbarra de Vigo e que creou tantos discípulos nas asociacións veciñais que hoxe continúan co seu legado: Nazario González, “Moxenas”.

MOXENAS, Musical Galego é un espectáculo musical no que se combinan instrumentos, voces e baile enchendo o escenario de montaxes variadas e amenas.

Sobre o escenario represéntanse pezas do repertorio musical galego do século XX, con escenografías de cuartetos, quintetos, solistas e agrupacións, con arranxos orquestrais para darlle a adecuada dimensión de espectáculo musical.