Asociacion de Gaiteiros Galegos

Ludovaina

Baixada a Francón Aldán, 4

34945 Cangas do Morrazo - Pontevedra

Teléfono: 666 533 184 / 650 112 050

e-mail: ludovaina@hotmail.com

Web: http://ludovaina.blogspot.com/

Ludovaina somos un cuarteto tradicional de música do país. Alá en Decembro do ano 2003 escomezamos a ensaiar para ir tocar ós Carnavales do Hío, concretamente a Pinténs, e foi aquí onde decidimos seguir adiante co grupo e onde nos fixemos realmente gaiteiros.

O noso estilo é o tradicional, chamámonos Ludovaina Esencia de Música Tradicional porque a pesar de que tocamos temas propios compostos actualmente, procuramos manter o estilo, o sabor,... ou como nós dicimos, a esencia dos vellos gaiteiros.

As actuacións máis destacadas foron na Festa do Muíño de Coiro 2005, que foi o noso primeiro debut con equipo de son enriba dun escenario, Festival Enclave de Gaita 2006, Festival a Noite do Trasno 2006, XXVIII Festival de Pardiñas 2007,... e nos Carnavales do Hío nos anos 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009, nos que consideramos son unha verdadeira escola de formación. Ademáis destas actuacións tamén temos tocado ó longo deste tempo en distintas festas organizadas por quintas de amigos, asociacións culturais e incluso vodas.

Ludovaina está formado por:

Serafín Santos Lemos – Bombo
Luis Alejandro Sotelo “Sandro” – Tambor
Roberto Carlos Sotelo – Gaita
Pablo Fernández Rial - Gaita